BIBLIOTECA PÚBLICA DE VIVEIRO
A Biblioteca Pública de Viveiro é unha institución de carácter gratuito que posibilita o libre acceso da poboación á cultura, información e coñecemento
¿Que servizos ofrece a biblioteca?
– Préstamo de documentos: os socios da biblioteca poden levar prestados 3 materiais durante 21 días renovables, agás libros de lectura obrigatoria, no que o préstamo se reduce a 15 días non renovables.
– Lectura en sala: a biblioteca dispón de 3 salas de lectura para adultos, e unha sala infantil e xuvenil.
– Ordenadores con acceso a Internet e wifi gratis para aqueles usuarios que se conecten cos seus dispositivos portátiles ou móbiles.
– Acceso a GaliciaLe, plataforma de préstamo de obras en formato electrónico.
– Servizo de información bibliográfica: atención e orientación ó lector, uso do catálogo da rede de bibliotecas de Galicia.
– Prensa diaria.
– Fondo Local.
– Outros servizos como actividades culturais, fomento da lectura, obradoiros, suxestións de novas adquisicións, sala de exposicións.
¿Como facerme socio?
O carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é un documento persoal que dá dereito a utilizar os servizos de calquera das bibliotecas que pertenzan á Rede.
Calquera persoa independentemente da súa idade e nacionalidade pode solicitar o carné, así como as entidades, asociacións culturais e centros educativos.
Hai dúas vías para solicitar o carné: telemática (require certificado dixital ou Chave365) ou presencial na biblioteca da túa elección previa presentación do D.N.I. No caso de menores de 14 anos deberán acudir acompañados do pai/nai/titor.
Política de doazóns
A Biblioteca Pública de Viveiro agradece as doazóns de documentos que contribúen a enriquecer o noso patrimonio bibliográfico, non obstante, a biblioteca resérvase o dereito de admisión do material atendendo a diversos criterios. Podes consultar a nosa política de admisión na seguinte ligazón: Política de doazóns
LOCALIZACIÓN E CONTACTO
Dirección: Praza Maior 1, 27850 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982570606
Email: biblioteca.viveiro@viveiro.es
Séguenos en:
Biblioteca Municipal de Viveiro
HORARIOS
Horario de inverno
Luns a venres: 8:30-15:00 e de 16:30-20:30
Sábados: 10:00-14:00
Horario de verán (xullo e agosto)
Luns a venres: 8:00-15:00