Viveiro

Mariña Lucense · Lugo43°40′ N · 7°36′ O

Concello deViveiro

Trámites en liña, actualidade municipal e todo o que precisas nun só lugar.

Castelos de Covas

AVISOS

AVISOS

Actualidade Municipal

As últimas novas, avisos e actividades do Concello de Viveiro

Cultura

144 escolares de sete centros educativos participarán coa Banda O Landro no concerto «Os soños na gaiola»

O Teatro Pastor Díaz acollerá o sábado 21 de novembro dúas funcións, ás 18:30 e ás 20:30 horas, deste espectáculo de Santa Icía, que combina a poesía de Manuel María coa música de Antón Alcalde e Suso Vaamonde.
Praza Maior
Concello

O Foro Económico de Viveiro trasládase ao mes de xaneiro de 2027

O encontro, inicialmente previsto para finais de novembro, cambia de data debido á convocatoria das eleccións xerais.
Concello

O Concello de Viveiro lembra que o 15 de novembro remata o prazo para xustificar as subvencións nominativas de 2026

O aviso está dirixido ás asociacións culturais e deportivas beneficiarias das axudas recollidas no anexo de subvencións dos orzamentos municipais deste ano.
Concello

O Concello de Viveiro mantén unha reunión coas ANPA para abordar as necesidades dos centros educativos

Durante o encontro informouse da previsión de incorporar aos orzamentos de 2027 unha subvención nominativa de 500 euros por asociación e estudouse a posibilidade de establecer unha liña complementaria de axudas.
Concello

As próximas sesións de Viveiro Baila cambian de ubicación en novembro e decembro

O baile do 28 de novembro celebrarase no Centro Comarcal de Viveiro, en Lodeiro, e o do 20 de decembro terá lugar na Sala Multiusos do Concello.
Urbanismo

Rematan as obras de mellora das infraestruturas do parque empresarial de Landrove

As actuacións inclúen a renovación de pavimentos, melloras na sinalización viaria, na drenaxe e nos elementos de seguridade do recinto empresarial.

AXENDA

Próximos Eventos

Cultura, ocio e actividades municipais

Non hai eventos destacados proximamente.