Oficina Municipal de Voluntariado
Aínda estás a tempo de solicitar a inscrición, anímate!
Estes cursos son gratuítos e por cada un que superes obterás un diploma oficial.
Para formalizar a matrícula:
As persoas que xa teñan conta de persoa usuaria creada, deberán entrar na plataforma para solicitar matrícula, introducindo o nome desta e o contrasinal.
Quen acceda por primeira vez deberá crear, antes de solicitar a inscrición nos cursos, a súa conta de persoa usuaria da plataforma (Por favor, antes crear a túa conta , lee con detemento os requisitos que se indican respecto ao nome de persoa usuaria).
Información adicional necesaria
No momento de cubrir a inscrición será preciso indicar:
Se formas parte dunha entidade de acción voluntaria, de lecer educativo ou de tempo libre.
Se dispós da titulación oficial de monitorado de tempo libre.
Estes datos deben incorporarse no apartado “outros datos” do perfil da persoa usuaria.
Por favor, antes de solicitar praza, lede con atención os requisitos de cada un dos cursos.
| Plan de formación anual da Dirección Xeral de Xuventude 2026 2º semestre |
|||||||
| Área | Título | Número de Prazas | Horas | Lugar de realización | Modalidade | Datas de realización e horarios | Persoas destinatarias |
| Voluntariado | Educación emocional e xestión de conflitos nos grupos de voluntariado | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 2 de setembro ao 2 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Oratoria. Como falar en público | 25 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 7 ao 28 de setembro | Mocidade de 16 a 30 anos |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental interxeracional na defensa e coidado do patrimonio natural de Galicia | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 7 de setembro ao 7 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado | A participación como factor clave no voluntariado: o desenvolvemento de procesos participativos dende a acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 de setembro ao 16 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental interxeracional no control da flora exótica invasora (VAIN) | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 16 de setembro ao 16 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado | Comunicación en lingua de signos española. Nivel básico A1.1 | 30 | 30 | Plataforma de teleformación de FAXPG | En liña | Do 17 de setembro ao 22 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Voluntariado en catástrofes e incidentes de múltiples vítimas | 100 | 30 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 21 de setembro ao 21 de outubro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Intelixencia artificial ao xeito: emprego directo e práctico | 50 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 28 de setembro ao 19 de outubro | Mocidade de 16 a 30 anos e profesionais do ocio educativo e do tempo libre |
| Voluntariado | Deseño e planificación de proxectos de voluntariado ambiental interxeracional (VAPRO) | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 2 de outubro a 2 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado | Voluntariado ambiental interxeracional fronte a emerxencias e contaminación mariña | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 7 de outubro a 7 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Voluntariado | Diversidade e inclusión nos proxectos de voluntariado | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 13 de outubro a 13 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Xuventude | Inclusión no lecer educativo. Recursos para a boa práctica | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de Voluntariado Galego | En liña | Do 19 de outubro ao 9 de novembro | Profesionais do ocio educativo e do tempo libre e persoal técnico que traballa coa mocidade |
| Voluntariado | Estratexias para a mellora do autoconcepto e o desenvolvemento das nosas habilidades sociais na acción voluntaria | 100 | 20 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 23 de outubro ao 23 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia |
| Voluntariado | Técnicas de educación ambiental aplicadas ao voluntariado interxeracional (VATEA) | 100 | 25 | Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org | En liña | Do 26 de outubro ao 26 de novembro | Preferentemente persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia e persoas voluntarias que participan no programa VAI |
| Xuventude | Ferramentas de comunicación | 25 | 3,5 | Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Santiago de Compostela | Presencial | 21 de novembro de 10:00h a 13:30h | Mocidade de 16 a 30 anos |