Teatro Pastor Díaz
Teatro Pastor Díaz
Un século de historia cultural
O Teatro Pastor Díaz é un dos espazos culturais máis emblemáticos de Viveiro. Foi inaugurado o 18 de xaneiro de 1920 grazas ao impulso do empresario viveirense Nemesio Barreiro Casal. O seu deseño foi obra do arquitecto Mario Páez Suárez, seguindo a estrutura clásica dos teatros italianos, con escenario, patio de butacas, palcos e anfiteatro.
Desde os seus inicios, o teatro acolleu representacións teatrais, proxeccións de cine mudo e tamén actividades sociais como bailes e veladas musicais, formando parte da vida cultural e lúdica da vila.
Recuperación e nova etapa
Despois de pasar por mans privadas durante gran parte do século XX, o Concello de Viveiro adquiriu o edificio no ano 1988. A partir dese momento iniciouse un proceso de restauración que culminou coa súa reinauguración en 2001, devolvéndolle o seu esplendor e funcionalidade. Dende entón, consolidouse como centro da actividade cultural do municipio.
Arquitectura e elementos destacados
Situado no casco histórico, sobre a Rúa Constanza de Castro, o edificio conserva a súa estrutura trapezoidal orixinal. No seu interior conta con 393 butacas e un escenario de 112 metros cadrados. No remate superior do escenario poden verse representadas as figuras de Rosalía de Castro e Pastor Díaz, nunha homenaxe á literatura e cultura galegas.
Na entrada principal atópase unha placa conmemorativa e unha pequena mostra permanente sobre a historia do teatro.
Programación e actividade escénica
A programación do Teatro Pastor Díaz abrangue espectáculos para todos os públicos. Durante todo o ano ofrécense obras de teatro infantil e para adultos, concertos, contacontos, danza e outras propostas culturais. A Concellería de Cultura promove unha cartelera diversa e de calidade, co obxectivo de achegar a cultura á cidadanía e fomentar a participación veciñal.
Un referente en Galicia
Na actualidade, o teatro é un símbolo do patrimonio cultural de Viveiro e un referente na Mariña. A súa boa acústica, a rehabilitación respectuosa coa súa arquitectura orixinal e a súa oferta escénica variada convérteno nun espazo acolledor e moi valorado.
Venda de entradas
- De luns a xoves, no teléfono 982 56 01 62 en horario de 9:00 a 14:00 h.
- No correo electrónico [email protected].
- En taquilla 1 hora antes da función.
Programación cultural
- 14/11/2026
-
-
RGTA: Ibuprofeno teatro . Bio construción 14/11/2026Ver máis detalles
Novembro
Sábado14: Ibuprofeno. Bio construcción. RGTA
Lugar:TPD
Hora:20:30 h
Duración:75 min
Clasificación:Contemporáneo
Público:Adultos
Fichaartística
Obra/Espectáculo:BIO CONSTRUCIÓN
Autor:Santiago Cortegoso
Dirección:Marián Bañobre e Santiago Cortegoso
Escenografía:Jose Perozo
Deseñoson: Macarena Montesinos
Deseñoiluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Vestiario:Laura Vidales
Música:Macarena Montesinos
Coreografía:Armando Martén
Espectáculoen lingua galega
Elencoartístico: Marián Bañobre, Santiago Cortegoso, Macarena Montesinos
Sipnose:
BIOCONSTRUCIÓN
Unhaparella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender,con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unhacasa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasantrinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cuncompromiso inquebrantable.
Entreo surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexiónmetafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, ainxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidezhumana na sociedade contemporánea.
-
- 21/11/2026
-