Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Urbanismo

Rematan as obras de mellora das infraestruturas do parque empresarial de Landrove

As actuacións inclúen a renovación de pavimentos, melloras na sinalización viaria, na drenaxe e nos elementos de seguridade do recinto empresarial.
Concello

Viveiro celebrará o 14 de novembro e o 12 de decembro as próximas xornadas do I Concurso de Tute e Xogos de Mesa

Tras a primeira xornada, celebrada o pasado 24 de outubro, a actividade continuará con dúas novas citas abertas a persoas de todas as idades.
Cultura

O Premio de Novela Vilar Ponte premia «Mario non existe», de Francisco Fernández Dávila, na súa oitava edición

O xurado distinguiu «O diario do sangue», de Óscar Martínez Rey, como finalista do recoñecemento.
ConcelloUrbanismo

O Concello de Viveiro informa de traballos de fresado e asfaltado na avenida de Galicia entre o luns e o martes

A actuación desenvolverase entre a Porta de Carlos V e a glorieta da Oficina de Turismo, mantendo un carril habilitado para a circulación.
ConcelloUrbanismo

O Concello de Viveiro aclara que os traballos actuais na LU-862 corresponden á primeira fase de renovación do pavimento

As actuacións que se están a realizar en Covas e Cantarrana céntranse nas zonas máis deterioradas, mentres que a capa definitiva de asfaltado está prevista para a primavera.
Concello

O sentido do tráfico da estrada das Nogueiras cambiará de xeito temporal polo Día de Defuntos

A medida estará vixente entre o 30 de outubro e o 2 de novembro, ambos incluídos.
Concello

O Concello de Viveiro cancela a programación do Samaín e o baile dos maiores previsto para o 31 de outubro

O Concello de Viveiro informa da cancelación das actividades previstas para este sábado, 31 de outubro, con motivo da celebración do Samaín, así como da sesión de baile dos maiores incluída na programación «Viveiro Baila».
UrbanismoXunta

As obras na LU-862 comezarán este martes en Covas con regulación semafórica do tráfico

Os traballos de renovación do pavimento iniciaranse na zona dos Castelos, en dirección á Misericordia, e prevese que se desenvolvan ao longo desta semana.
DeportesXunta

O Pavillón Polideportivo Municipal de Viveiro renovará parte da carpintería exterior

A actuación, financiada pola Xunta de Galicia, conta cun orzamento base de licitación de 48.215,68 euros, IVE incluído.
Concello

Viveiro informa do inicio dos traballos de asfaltado na zona de Cantarrana este martes

O Concello solicita á veciñanza que retire os vehículos estacionados na zona antes do inicio dos traballos, previsto para a tarde do 20 de outubro.