Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Concello

O Pleno de Viveiro abordará este mércores a concesión da Medalla de Ouro á Xunta de Cofradías e a adhesión á Rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores

A sesión ordinaria celebrarase ás 19:30 horas e inclúe tamén asuntos relacionados co SAF, as subvencións nominativas ás comisións de festas e dúas mocións.
Medio Ambiente

O Concello de Viveiro lembra a obriga de manter limpas as propiedades ante a ampliación da época de perigo alto de incendios

A Xunta de Galicia amplía ata o 15 de outubro o período de perigo alto polas actuais condicións meteorolóxicas.
Concello

O Concello de Viveiro incorpora torneos de tute e xogos de mesa ao programa para persoas maiores

As novas propostas, anunciadas con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, súmanse aos bailes de tarde que regresan este sábado 3 de outubro.
Turismo

Viveiro celebrará os V Días da Rede Europea cunha ampla programación cultural durante o mes de outubro

Exposicións, xornadas de portas abertas, celebracións tradicionais, actividades infantís, visitas guiadas e música sacra forman parte das propostas programadas arredor da Semana Santa de Viveiro.
Concello

O Concello de Viveiro inicia os estudos para mellorar e ampliar as infraestruturas de abastecemento nas parroquias

Os traballos comezarán en Galdo e permitirán coñecer as necesidades existentes, completar as redes e preparar proxectos para optar ás subvencións previstas para 2027.
Urbanismo

O Concello de Viveiro adianta traballos e remite a documentación segundo as indicacións do requirimento da Xunta para continuar coa tramitación do PXOM

O Goberno municipal reitera o seu compromiso co rigor técnico e a axilidade administrativa para acurtar ao máximo os prazos.
Servizos Sociais

O Concello de Viveiro imparte un curso de esforzo de integración para persoas migrantes

A formación, de 40 horas e con cinco participantes, ten como obxectivo facilitar a integración na vida social, económica e cultural galega.
Concello

O alumnado do programa Fórmate na Empresa continúa ampliando a súa formación en Viveiro

As persoas participantes no programa Fórmate están a recibir un curso de formación complementaria, enmarcado nas actuacións previstas nesta iniciativa.
Servizos Sociais

O Concello de Viveiro busca persoas voluntarias para apoiar o alumnado no proxecto de reforzo educativo, lecer e tempo libre

A Oficina Municipal de Voluntariado abre a convocatoria de colaboración para o curso 2026/2027, cun horario flexible adaptado á dispoñibilidade das persoas participantes.
Urbanismo

O Concello de Viveiro analiza o requirimento de integridade documental recibido sobre o PXOM

Os técnicos municipais e o equipo redactor estudan xa o documento remitido pola Dirección Xeral de Urbanismo e a próxima semana informarase aos grupos municipais.