Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Cultura

O Teatro Pastor Díaz ofrece no último trimestre do ano unha programación con teatro, circo, música, humor e maxia

O Concello de Viveiro presenta a programación cultural de outubro, novembro e decembro, con propostas para todas as idades e espectáculos como A penúltima, de Carlos Blanco, Memorias dun neno labrego e O libro da selva. O musical.
Concello

O Concello de Viveiro dá continuidade ao programa de bailes para persoas maiores tras a boa acollida da pasada edición

A programación regresará en outubro e contará inicialmente con tres citas ata finais de ano, incluíndo bailes especiais polo Samaín e o Nadal.
ConcelloXunta

O Concello de Viveiro organiza un curso de defensa persoal feminina no marco da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero

A actividade, concedida pola Xunta de Galicia a través do acordo de colaboración coa Fegamp, celebrarase o 25 de setembro na Casa do Forno, en Celeiro.
Concello

Viveiro acollerá o 12 de setembro a IV Xuntanza de Coches e Motos Clásicas con xa máis de 60 vehículos inscritos

A cita, organizada polo Club Coches Clásicos Viveiro en colaboración co Concello, incluirá unha ruta turística con pinchos, sesión vermú e xantar en Covas.
Concello

Viveiro súmase á concentración convocada pola FEMP con motivo do Día de Ceuta

A concentración terá lugar este mércores 2 de setembro ás 20:00 horas.
Concello

O pleno ordinario de Viveiro celebrarase este mércores 2 de setembro

A sesión terá lugar ás 20:30 horas no Salón de Sesións da Casa Consistorial.
ConcelloXunta

Viveiro impulsa a creación dunha unidade de atención temperá conxuntamente con Ourol e O Vicedo

A iniciativa permitirá achegar a atención temperá ás familias de Viveiro, Ourol e O Vicedo a través dun servizo compartido e coordinado coa Xunta de Galicia.
Praza Maior
Concello

O mercado semanal de Viveiro volve á Praza Maior este xoves 27 de agosto

O Concello de Viveiro informa de que o mercado semanal recuperará a súa localización habitual na Praza Maior a partir doste xoves 27 de agosto.
Medio Ambiente

O Concello de Viveiro solicita a colaboración cidadá para a correcta xestión dos residuos do Naseiro

O Concello de Viveiro fai un chamamento a todos os romeiros e romeiras que participan na tradicional Romaría do Naseiro para colaborar na correcta xestión dos residuos xerados durante a celebración.
Festas

O Concello de Viveiro lembra as normas de seguridade e convivencia para a Romaría do Naseiro

Haberá servizo especial de autobuses entre Viveiro e O Naseiro.