CEMITERIO MUNICIPAL
O Cemiterio Municipal de Altamira é un espazo de respecto e memoria ligado á historia de Viveiro e ás súas xentes. Situado nun entorno tranquilo, é un lugar de lembranza no que moitas familias atopan un punto de encontro co recordo dos seus seres queridos.
Desde esta sección da web municipal ponse á disposición da cidadanía a información necesaria para a correcta xestión do cemiterio, así como os documentos descargables relacionados con concesións, trámites e outros procedementos administrativos. O Concello de Viveiro traballa para garantir un mantemento adecuado do recinto e unha atención digna e respectuosa a todas as persoas usuarias.