Concello de Viveiro

ARQUIVO DE NOVAS

BUSCAR

Filtrar as novas por etiqueta

Festas

As Festas Patronais de San Roque 2026 pechan cun balance moi positivo e poñen en valor a colaboración entre o Concello de Viveiro e Viveiro en Festas

A coorganización permitiu desenvolver unha ampla programación cultural, musical e tradicional durante o mes de agosto.
ConcelloDeputaciónUrbanismo

Finalizan as obras de renovación de servizos e pavimentos na Avenida de Santiago, en Covas

O Concello de Viveiro recepciona unha actuación que permitiu renovar o saneamento e o abastecemento e mellorar o firme nun tramo de 320 metros do barrio do Coello.
Festas

A romaría de Naseiro regresa do 21 ao 26 de agosto cunha ampla programación festiva

A festa, declarada de Interese Turístico Galego, combinará música, gastronomía, tradición e actividades para todas as idades.
Cultura

O goberno de Viveiro impulsará unha comisión cultural para estudar «Catro Vellos Mariñeiros» como posible himno oficial do Concello

Analizaranse os aspectos históricos, culturais, patrimoniais e legais da proposta e recollerá a opinión do autor e das entidades culturais e sociais.
ConcelloDeputación

O Concello de Viveiro repartirá o luns as gafas homologadas para observar con seguridade a eclipse solar total

As persoas interesadas poderán recollelas na Casa do Concello, de 9:00 a 14:00 horas, cun máximo de dúas unidades por persoa.
Teatro Pastor Díaz
Cultura

O Concello de Viveiro impulsará a conservación do Teatro Pastor Díaz cun investimento de 200.000 euros en colaboración coa Xunta de Galicia

O convenio aprobado polo Consello da Xunta permitirá acometer actuacións de conservación e modernización nun dos principais referentes culturais da cidade entre 2026 e 2027.
Festas

O Concello de Viveiro solicita a retirada temporal das embarcacións da zona do paseo marítimo para o lanzamento dos fogos artificiais

A medida é necesaria para garantir a seguridade durante o espectáculo pirotécnico previsto para o 16 de agosto con motivo das Festas Patronais.
Praza Maior
Festas

O Concello de Viveiro solicita desaloxar unha zona do aparcamento do peirao para o inicio da montaxe das atraccións das Festas Patronais

Os vehículos deberán retirarse antes da noite do domingo 9 de agosto para facilitar o comezo dos traballos de instalación do recinto feiral o luns 10.
Concello

A XLII Feira de Artesanía de Viveiro reunirá unha trintena de postos nos Xardíns Noriega Varela

O evento celebrarase do 7 ao 16 de agosto e contará con artesanía tradicional, stands efémeros e a exposición "La vida a tu lado tiene color", de Miriam Viveiro.
Festas

O Concello de Viveiro informa do corte temporal de tráfico na Travesía da Mariña con motivo da Festa da Xuventude

A circulación permanecerá interrompida entre a Praza de Lugo e a Porta de Carlos V durante a madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto.