Concello de Viveiro

Festas

O Concello de Viveiro informa do corte temporal de tráfico na Travesía da Mariña con motivo da Festa da Xuventude

A circulación permanecerá interrompida entre a Praza de Lugo e a Porta de Carlos V durante a madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto.

Viveiro, 5 de agosto de 2026. O Concello de Viveiro informa de que, con motivo da celebración da Festa da Xuventude, será necesario realizar un corte temporal ao tráfico na Travesía da Mariña, entre a Praza de Lugo e a Porta de Carlos V.

O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela.

Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.

O Concello agradece a comprensión da cidadanía polas molestias que este corte puntual poida ocasionar e anima a participar na Festa da Xuventude, unha cita que combina música, lecer e apoio ao deporte local.