Viveiro, 6 de agosto de 2026. O Concello de Viveiro informa de que, con motivo do inicio da montaxe das atraccións das Festas Patronais de San Roque, será necesario desaloxar a zona do aparcamento do peirao que estará destinada á instalación das atraccións.
Os vehículos deberán ser retirados antes da noite do domingo 9 de agosto, xa que o luns 10 comezarán os traballos de instalación do recinto feiral e a chegada dos camións e demais vehículos necesarios para a montaxe.
A zona afectada permanecerá debidamente delimitada, valada e sinalizada pola Policía Local, polo que se solicita á cidadanía que respecte a sinalización e evite estacionar no espazo habilitado para os traballos.
Co obxectivo de minimizar as molestias á veciñanza e ás persoas visitantes, o Concello lembra que existen diferentes zonas habilitadas para aparcar, entre elas os estacionamentos situados na Variante, na contorna da Cruz Vermella, na zona do Casino e noutros espazos de estacionamento distribuídos polo municipio.
Desde o Concello solicítase a colaboración da cidadanía para facilitar o desenvolvemento destes traballos e evitar posibles incidencias, agradecendo de antemán a comprensión e o respecto pola sinalización provisional instalada para este fin.
