Concello de Viveiro

Festas

A romaría de Naseiro regresa do 21 ao 26 de agosto cunha ampla programación festiva

A festa, declarada de Interese Turístico Galego, combinará música, gastronomía, tradición e actividades para todas as idades.

Viveiro, 7 de agosto de 2026. A tradicional Romaxe do Bo Xantar de Naseiro volverá a celebrarse un ano máis en Viveiro do 21 ao 26 de agosto, cunha programación que combinará música, gastronomía, tradición e actividades para todos os públicos no Campo da Festa de Naseiro.

Considerada unha das celebracións máis emblemáticas do municipio e declarada de Interese Turístico Galego, a romaxe ofrecerá durante seis xornadas diferentes propostas, entre as que se inclúen actuacións musicais, sesións vermú, verbenas, actos relixiosos e actividades especialmente pensadas para as familias.

A programación dará comezo o venres 21 de agosto, Día do Polbo, coa actuación da Batukada KomBarullo.

O sábado 22 terá lugar ás 13:30 horas a misa na Capela do Campo da Festa, seguida da procesión. A continuación, a sesión vermú e a verbena estarán amenizadas pola Orquestra Platinum e o Grupo Pasión.

O domingo 23, tamén ás 13:30 horas, celebrarase a misa cantada pola Coral Polifónica Alborada de Viveiro e a posterior procesión. A xornada contará ademais coas actuacións da Orquestra La Oca Band e o Grupo M3 Show durante a sesión vermú e a verbena.

A programación continuará o luns 24 de agosto coa Orquestra Fuego e o Grupo Arizona, encargados de amenizar a sesión vermú e a verbena.

O martes 25, o Dúo Belinda será protagonista da xornada, que contará tamén coa música de Hermo durante a sesión vermú e a verbena.

A romaxe pechará a súa programación o mércores 26 de agosto, Día do Neno, cunha xornada dedicada especialmente aos máis pequenos, que poderán desfrutar das atraccións instaladas no Campo da Festa a prezos populares.

A Romaxe do Bo Xantar de Naseiro volverá así reunir veciñanza e visitantes nunha das grandes citas do calendario festivo de Viveiro, mantendo viva unha tradición ligada á gastronomía, á música e á convivencia e ofrecendo propostas para desfrutar en familia e con amigos.