Concello de Viveiro

ARQUIVO MENSUAL

Concello

A Xunta concede ao Concello de Viveiro unha subvención de máis de 94.600 euros para mellorar o parque empresarial de Landrove

A axuda cubrirá o 80% dunha actuación valorada en 118.308,20 euros para reforzar accesos, drenaxe, sinalización e elementos de seguridade do polígono.
Urbanismo

O Concello de Viveiro prepara alegacións para mellorar o proxecto da variante

O obxectivo é reforzar a infraestrutura destinada a sacar tráfico pesado do núcleo urbano e canalizar por fóra do centro os movementos vinculados a Porto Celeiro e á actividade madeireira.
Deputación

O Concello de Viveiro agradece á Presidencia da Deputación o apoio para rehabilitar a Praza de Abastos

A institución provincial comprometeu unha achega de 248.000 euros a través dun convenio para completar o financiamento dun proxecto valorado en 768.000.
Concello

O Concello de Viveiro permanecerá pechado o venres 22 de maio pola celebración de Santa Rita

A biblioteca municipal manterá o seu horario habitual e o rexistro de documentos poderá realizarse noutras dependencias administrativas ou por vía electrónica.
Urbanismo

Portos de Galicia impulsa a mellora da accesibilidade ao aparcadoiro do porto deportivo de Viveiro

A intervención prevé un novo acceso peonil fronte ao semáforo e unha rampla para persoas con mobilidade reducida na entrada sur.