Concello de Viveiro

Concello

O mercado semanal de Viveiro volve á Praza Maior este xoves 27 de agosto

O Concello de Viveiro informa de que o mercado semanal recuperará a súa localización habitual na Praza Maior a partir doste xoves 27 de agosto.
Praza Maior

Viveiro, 25 de agosto de 2026. O traslado temporal aos Xardíns Noriega Varela, previsto inicialmente para todo o mes de agosto con motivo da instalación do palco das Festas Patronais de San Roque na Praza Maior, rematará así antes do inicialmente previsto.

O cambio de localización para o xoves 27 de agosto débese á celebración nos Xardíns Noriega Varela da iniciativa Mercado de Verán da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que terá esta fin de semana unha nova cita en Viveiro.

Medio Rural organiza os Mercados de Verán co obxectivo de poñer en valor a calidade diferenciada da produción agroalimentaria galega e achegar á cidadanía os produtos amparados polos diferentes selos de calidade recoñecidos en Galicia.

Deste xeito, o mercado semanal do xoves 27 de agosto celebrarase na súa localización habitual da Praza Maior, mantendo o seu horario habitual.

O Concello de Viveiro agradece a comprensión dos vendedores e da veciñanza durante estes cambios puntuais e anima a cidadanía a continuar apoiando tanto o comercio de proximidade como a produción agroalimentaria galega.