Concello de Viveiro

Concello

O Pleno de Viveiro abordará este mércores a concesión da Medalla de Ouro á Xunta de Cofradías e a adhesión á Rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores

A sesión ordinaria celebrarase ás 19:30 horas e inclúe tamén asuntos relacionados co SAF, as subvencións nominativas ás comisións de festas e dúas mocións.
Viveiro, 5 de outubro de 2026. O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación no Salón de Sesións da Casa Consistorial. Entre os asuntos da orde do día figura a proposta para a concesión da Medalla de Ouro da Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Viveiro á Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro. O Pleno abordará tamén a adhesión á Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores e a prórroga do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Na parte resolutiva inclúese unha proposta de modificación orzamentaria relativa ao anexo de subvencións nominativas de 2026 para as comisións de festas, así como dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito e unha proposta sobre a compatibilidade con actividade privada para o nomeamento como funcionario interino no departamento de Urbanismo. A sesión inclúe dúas mocións. A primeira, presentada polo Concello de Viveiro, propón instar á Vicepresidencia da Deputación de Lugo a incluír nos orzamentos de 2027 a renovación do céspede do campo de fútbol Marcos Gómez. A segunda, presentada polo Grupo Municipal do BNG, propón a elaboración dun estudo sobre a situación do mercado residencial en Viveiro. A orde do día completarase coa dación de conta das resolucións da Alcaldía e o apartado de rogos e preguntas.

Retransmisión do Pleno

Pleno do Concello de Viveiro

A sesión emítese en directo na canle de YouTube do Concello.

  1. ConvocatoriaOrde do día pública
  2. Sesión en directoEmisión por YouTube
  3. VideoactaGravación indexada