📆 O vindeiro mércores 21 de maio celebrarase en Viveiro un obradoiro sobre novos modelos de innovación nos sectores do turismo e o comercio, no marco do programa Conecta Lugo, organizado pola CEL e financiado polo IGAPE.
📍 Durante a xornada, abordarase como innovar nestes sectores e presentaranse diferentes liñas de axuda e apoios públicos dispoñibles. Contaremos coa participación da Oficina Económica de Galicia, o IGAPE e a Axencia Galega de Turismo, da man de Paloma Vázquez, ademais de representantes de negocios punteiros que compartirán os seus casos de éxito.
📅 21 de maio
📍 Sala multiusos do Concello de Viveiro
🕗 19:00h a 21:00h
🥂 Peche con espazo de networking e picoteo!
A asistencia é gratuíta, pero as prazas son limitadas.
Reserva a túa aquí🔗