Resurrection Fest 2025

O Resurrection Fest é un festival de música consolidado como un dos principais eventos culturais e musicais de Galicia, con proxección nacional e internacional. Especializado en xéneros como o metal, punk e hardcore, celébrase anualmente na vila de Viveiro (Celeiro), converténdose nun referente para milleiros de afeccionadas e afeccionados á música alternativa.

A edición de 2025 terá lugar entre os días 25 e 28 de xuño, reunindo a algunhas das bandas máis destacadas do panorama internacional, así como a novas propostas musicais. Durante estas datas, Viveiro acolle a visitantes de múltiples países, xerando un importante impacto económico e turístico na comarca.

O festival distinguése tanto pola calidade da súa programación como pola súa organización, seguridade e integración co entorno natural e urbano da vila. A súa celebración contribúe á dinamización cultural e ao posicionamento de Viveiro como destino musical e turístico de referencia.

Para máis información sobre entradas, programación e servizos, pódese consultar a páxina oficial do evento: www.resurrectionfest.es

DATA E HORA

Do 25 ao 28-06-2025
Días
Horas
Minutos
Segundos