Departamento de Urbanismo
O Departamento de Urbanismo do Concello de Viveiro é o encargado de planificar, xestionar e controlar o desenvolvemento urbano do municipio, co obxectivo de garantir un crecemento ordenado, sostible e respectuoso coa identidade e co patrimonio da nosa vila.
As funcións principais deste departamento inclúen:
A tramitación de licenzas urbanísticas, de obra e actividade.
A xestión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
A inspección e control das actuacións urbanísticas.
A planificación e seguimento de proxectos de rehabilitación urbana e desenvolvemento do solo.
A conservación e mellora dos espazos públicos e infraestruturas urbanas.
O urbanismo é unha ferramenta clave para mellorar a calidade de vida da veciñanza, garantindo o equilibrio entre o desenvolvemento económico, a protección do medio ambiente e a cohesión social. Desde o Concello traballamos para que Viveiro sexa un espazo ben estruturado, accesible, funcional e sostible para todas as persoas.
Ademais, desde este departamento préstase asesoramento técnico e administrativo tanto a particulares como a profesionais do sector, facilitando a tramitación de expedientes e a resolución de dúbidas sobre normativa urbanística.
A través dun urbanismo responsable, participativo e transparente, construímos un Viveiro máis habitable, ordenado e preparado para os retos de futuro.
Documentos
- Comunicación ocupación vía pública
- Comunicación previa de cambio de titularidade
- Comunicación previa de inicio de actividade
- Comunicación previa de inicio de obra autorizada
- Comunicación previa de inicio de actividade de uso turístico (sen obras)
- Autoloquidación de taxas de actividades sometidas ao réxime de comunicación previa
- Comunicación previa de obras asociadas a actividade
- Comunicación previa de obras non asociadas a actividade
- Autoliquidación provisional de comunicación previa ou licenza de obras
- Comunicación previa de primeira ocupación e taxa
- Declaración de cumprimento dos requisitos de inicio de actividade
- Declaración responsable
- Declaración responsable de actividades de carácter extraordinario
- Declaración responsable festas e verbenas
- Modelo de solicitude de licenzas de obras
- Solicitude de autorización para ocupación vía pública
- Solicitude de certificación urbanística
- Solicitude de información urbanística