Concello de Viveiro

Concello

O alumnado do programa Fórmate na Empresa continúa ampliando a súa formación en Viveiro

As persoas participantes no programa Fórmate están a recibir un curso de formación complementaria, enmarcado nas actuacións previstas nesta iniciativa.

Viveiro, 24 de setembro de 2026. Unha oportunidade para seguir adquirindo coñecementos e habilidades que contribúan a mellorar a súa preparación e as súas oportunidades de inserción laboral.

O programa Fórmate na Empresa forma parte das subvencións para estadías formativas en empresas, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027.