Data: 9 e 10 de outubro de 2026
Lugar: Atrio de Landrove, Viveiro
Localización: Landrove, Viveiro (Lugo)
Os días venres 9 e sábado 10 de outubro de 2026, Landrove, en Viveiro, celebrará a X Festa Labrega e as IX Olimpíadas Rurais, unha cita festiva dedicada á cultura, á gastronomía e ás tradicións do rural galego.
As actividades desenvolveranse no Atrio de Landrove, onde se instalará unha gran carpa para acoller a programación.
Venres 9 de outubro
A programación do venres comezará ás 21:00 horas co prendido da chama olímpica, dando paso á actuación de “Amigos do Folk”.
A partir das 21:30 horas haberá boliños preñados gratuítos.
Sábado 10 de outubro
A xornada do sábado comezará ás 13:00 horas cunha sesión vermú con “Dúo Boreal”, acompañada dun pincho labrego de tortilla.
O prezo da ración é de 4 € para socios e 5 € para non socios.
Ás 16:00 horas dará comezo a gran cita da fin de semana: as IX Olimpíadas Rurais, con diferentes probas e actividades de carácter tradicional e popular.
Ás 20:30 horas será a quenda da actuación do grupo “Espera que vou mexar”.
Posteriormente, ás 21:00 horas, celebrarase a cea labrega.
- Socios: 15 €
- Non socios: 19 €
- Inclúe: cunca labrega de caldo, cocido, café, pan e sobremesa
A partir das 23:00 horas, a festa continuará con “Dúo Boreal”.
Durante a noite terá lugar tamén a entrega de premios aos grupos e ao mellor traxe labrego.
Información e reservas
Para participar nas IX Olimpíadas Rurais é necesario realizar a reserva a través do teléfono: 636 01 41 53