BANDO
María Carmen Gueimunde González, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Viveiro,
Tendo en conta a proximidade da celebración da noite de San Xoán (23 de xuño) e San Pedro (28 de xuño) nas que é tradicional o acendido de innumerables fogueiras, en virtude do artigo 36.5 e 37 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Establécense as seguintes normas para a súa realización, que se FAN SABER:
1.- Queda prohibida a realización de fogueiras en espazos públicos.
2.- Poderán realizarse en espazos privados, debendo respectarse en todo caso as medidas de seguridade e hixiene vixentes establecidas pola Consellería de Sanidade relativas a permanencia de grupos de persoas en espazos privados.
3.- Non se queimarán aceites, líquidos inflamables, envases con gases, nin outros recipientes ou obxectos que poidan conducir á explosión do seu contido e/ou materiais.
4.- Prohíbese queimar rodas ou cubertas de goma, plástico ou calquera material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos
contaminantes ou tóxicos.
5.- Non se poderán facer fogueiras en lugares próximos a tendidos eléctricos, inmobles, depósitos que puidesen conter material inflamable, masas arbóreas ou ou calquera outro no que poidan crearse situacións de perigo.Cada fogueira terá un ou varios responsables que comunicarán nas Oficinas Municipais, presentando a tal efecto o impreso que se facilitará no Rexistro do Concello e na sede electrónica municipal, indicando o lugar da queima e comprometéndose á adopción das medidas de seguridade precisas.O prazo máximo para comunicar a queima no Rexistro presencial ou mediante o Rexistro electrónico será:
- Para as fogueiras de San Xoán ata as 14 horas do día 19 de xuño de 2025.
- Para as fogueiras de San Pedro ata as 14 horas do día 25 de xuño de 2025.
6.- Non poderán realizarse as fogueiras se as condicións meteorolóxicas dificultan o seu control, especialmente no suposto de forte vento. Así mesmo, se unha vez iniciada a fogueira comeza a facer vento forte deberá procederse de inmediato a apagar o lume.
7.- Non se poderán realizar as fogueiras se o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia suspenda temporalmente as comunicacións de queima.
8.- Unha vez rematada a queima, o responsable ou responsables e organizadores de cada fogueira encargaranse de retirar os restos que queden, deixando o solo en condicións de seguridade, salubridade e ornato público.
9.- En caso de incumprimento do indicado, ou de queixas xustificadas da veciñanza, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Municipal ou Servizo de Protección de Emerxencias, a sufocar de inmediato a fogueira.
A Alcaldesa