Calendario do Entroido de Viveiro 2026
Xoves 12 de febreiro
Comeza a festa co Pregón de Entroido, en colaboración con Amigos do Folk, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz. Ao mesmo tempo, celébrase o Tapeo de Comadres.
Venres 13 de febreiro
A partir das 18:00 horas, na sala multiusos do Concello, haberá obradoiros infantís. Ás 20:00 horas, o Teatro Pastor Díaz acollerá o espectáculo V Música e Palabra co Grupo de Teatro Andanzas.
Sábado 14 de febreiro
Ás 13:00 horas, Dj Karras Martínez animará a Praza Maior. Ás 19:00 horas comezará un pasarrúas de Entroido, acompañado polo grupo Espera Que Vou Mexar.
Ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz, celebrarase o Certame de Alpuxarradas, onde actuarán as comparsas que optan aos premios, presentadas por Mon de Viveiro. Entrada: 2€.
Domingo 15 de febreiro
Desde as 17:00 horas, o Entroidiño encherá o Pabellón Antonio Tarrío de xogos, karts e disfraces para os máis pequenos.
Luns 16 de febreiro
A partir das 21:00 horas, a II Festa do Entroido contará coa música do dúo Estrellas e a Discomóvil Olympo.
Martes 17 de febreiro
Ás 17:00 horas, o Gran Desfile de Entroido partirá da explanada da Variante (avenida de Ferrol) e rematará na Praza Maior.
Mércores 18 de febreiro
Pola mañá, recepción das autoridades na Biblioteca Municipal. Ás 18:00 horas, entrega da placa conmemorativa.
O Enterro da Sardiña pecha os festeiros:
Exposición:
Do 14 ao 21 de febreiro, na sala de exposicións da Biblioteca Municipal, poderase visitar Traxes do Entroido de Viveiro.
Usamos cookies de terceiros para analizar os nosos servizos en función dun perfil creado a partir dos teus hábitos de navegación. Podes obter máis información AQUÍ.