
Publicado no BOP a aprobación do padrón fiscal das terrazas de 2025 en Viveiro
O prazo de exposición pública estará aberto do 20 de outubro ao 7 de novembro, e o pago voluntario poderá realizarse ata o 22 de decembro.

O Concello de Viveiro recoñecerá a traxectoria de Nito no Foro Económico «Unha mirada ao futuro de Viveiro e A Mariña»
A empresa converteuse nun referente da hostalería na provincia de Lugo. Os interesados aínda poden inscribirse no foro, que ten un límite de 70 prazas.

O Concello de Viveiro solicita á Deputación manter en 2025, polo menos, os mesmos convenios que en 2024
A alcaldesa Mariña Gueimunde e o deputado Pablo Rivera analizaron novas vías de colaboración en materia de vivenda e administración electrónica.

O Concello de Viveiro avanza cara á aprobación do novo PXOM tras unha reunión coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental
Confía en pechar nas próximas semanas a fase ambiental, un trámite imprescindible para continuar coa tramitación urbanística.

Viveiro renova a dotación de máquinas no ximnasio da piscina municipal
Investíronse 55.336,69 euros na instalación de novo equipamento deportivo, aínda que non obtivo apoio adicional para completar o ximnasio co resto de máquinas e o novo chan

O Concello de Viveiro organizará o terceiro Foro Económico o sábado 25 de outubro
Celebrarase no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas desde as dez da mañá e nel se analizarán as oportunidades que poden xurdir de sectores claves da Mariña.