Saúdo da Alcaldesa
É para min unha honra e unha gran responsabilidade dirixirme a vós como alcaldesa deste fermoso concello que todas e todos levamos no corazón. Viveiro é historia, cultura, natureza e, sobre todo, xente traballadora, solidaria e orgullosa das súas raíces.
Asumin este cargo con humildade, compromiso e co firme propósito de traballar cada día por un Viveiro mellor. Queremos unha vila máis accesible, sostible e dinámica que mire ao futuro sen esquecer quen somos nin de onde vimos.
Nesta nova etapa, abrimos as portas do Concello con transparencia, proximidade e diálogo. Apostamos pola participación cidadá, pola mellora dos servizos públicos, polo apoio ao tecido económico e social, e pola posta en valor do noso patrimonio, festas e tradicións.
Viveiro constrúese entre todas e todos, coa forza da unidade e a ilusión compartida.
Moitas grazas pola vosa confianza.
Un saúdo afectuoso,
María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa do Concello de Viveiro