Teatro Pastor Díaz

Un século de historia cultural

O Teatro Pastor Díaz é un dos espazos culturais máis emblemáticos de Viveiro. Foi inaugurado o 18 de xaneiro de 1920 grazas ao impulso do empresario viveirense Nemesio Barreiro Casal. O seu deseño foi obra do arquitecto Mario Páez Suárez, seguindo a estrutura clásica dos teatros italianos, con escenario, patio de butacas, palcos e anfiteatro.

Desde os seus inicios, o teatro acolleu representacións teatrais, proxeccións de cine mudo e tamén actividades sociais como bailes e veladas musicais, formando parte da vida cultural e lúdica da vila.

Recuperación e nova etapa

Despois de pasar por mans privadas durante gran parte do século XX, o Concello de Viveiro adquiriu o edificio no ano 1988. A partir dese momento iniciouse un proceso de restauración que culminou coa súa reinauguración en 2001, devolvéndolle o seu esplendor e funcionalidade. Dende entón, consolidouse como centro da actividade cultural do municipio.

Arquitectura e elementos destacados

Situado no casco histórico, sobre a Rúa Constanza de Castro, o edificio conserva a súa estrutura trapezoidal orixinal. No seu interior conta con 393 butacas e un escenario de 112 metros cadrados. No remate superior do escenario poden verse representadas as figuras de Rosalía de Castro e Pastor Díaz, nunha homenaxe á literatura e cultura galegas.

Na entrada principal atópase unha placa conmemorativa e unha pequena mostra permanente sobre a historia do teatro.

Programación e actividade escénica

A programación do Teatro Pastor Díaz abrangue espectáculos para todos os públicos. Durante todo o ano ofrécense obras de teatro infantil e para adultos, concertos, contacontos, danza e outras propostas culturais. A Concellería de Cultura promove unha cartelera diversa e de calidade, co obxectivo de achegar a cultura á cidadanía e fomentar a participación veciñal.

Un referente en Galicia

Na actualidade, o teatro é un símbolo do patrimonio cultural de Viveiro e un referente na Mariña. A súa boa acústica, a rehabilitación respectuosa coa súa arquitectura orixinal e a súa oferta escénica variada convérteno nun espazo acolledor e moi valorado.

11/04/2026
  • Morraoconto . Tromsø. RGTA 11/04/2026

                         

    Sábado11: Morraoconto . Tromsø. RGTA

    Lugar:TPD

    Hora:20:30h

    Duración:80 min

    Clasificación:Comedia

    Público:Adultos 16

    Autor:Rafa Martinez

    Dirección:Rafa Martinez, Esther Latorre

    Adaptación:Texto orixinal

    Escenografía:morraoconto, José Faro (Coti)

    Deseñoson: Julia Ammerman, Lucía Iglesias

    Deseñoiluminación: José Faro (Coti)

    Vestiario:A compañía, Ana Gesto

    Música:En directo

    Coreografía:Esther Latorre

    Elencoartístico: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga, Julia Ammerman,Lucía Iglesias

    Sipnose:

    Candoun ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencioque, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio quese aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz. Tromsøé unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, amorte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura perotamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte,navegando tormentas, fiordos e enormes cardumes de arenque, naprocura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto,desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

    Ver máis detalles