Entroido 2026

Entroido 2026

Calendario do Entroido de Viveiro 2026

Xoves 12 de febreiro
Comeza a festa co Pregón de Entroido, en colaboración con Amigos do Folk, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz. Ao mesmo tempo, celébrase o Tapeo de Comadres.

Venres 13 de febreiro
A partir das 18:00 horas, na sala multiusos do Concello, haberá obradoiros infantís. Ás 20:00 horas, o Teatro Pastor Díaz acollerá o espectáculo V Música e Palabra co Grupo de Teatro Andanzas.

Sábado 14 de febreiro
Ás 13:00 horas, Dj Karras Martínez animará a Praza Maior. Ás 19:00 horas comezará un pasarrúas de Entroido, acompañado polo grupo Espera Que Vou Mexar.
Ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz, celebrarase o Certame de Alpuxarradas, onde actuarán as comparsas que optan aos premios, presentadas por Mon de Viveiro. Entrada: 2€.

Domingo 15 de febreiro
Desde as 17:00 horas, o Entroidiño encherá o Pabellón Antonio Tarrío de xogos, karts e disfraces para os máis pequenos.

Luns 16 de febreiro
A partir das 21:00 horas, a II Festa do Entroido contará coa música do dúo Estrellas e a Discomóvil Olympo.

Martes 17 de febreiro
Ás 17:00 horas, o Gran Desfile de Entroido partirá da explanada da Variante (avenida de Ferrol) e rematará na Praza Maior.

Mércores 18 de febreiro
Pola mañá, recepción das autoridades na Biblioteca Municipal. Ás 18:00 horas, entrega da placa conmemorativa.
O Enterro da Sardiña pecha os festeiros:

  • Versión infantil (Enterro da Xoubiña), ás 18:30 horas, saíndo do final da rúa Pastor Díaz ata a Praza Maior. Antes da saída, todos os nenos e nenas disfrutarán de chocolate con churros.
  • Enterro da Sardiña, ás 21:00 horas, con comitiva fúnebre desde a Praciña da Herba ata a Praza Maior, amenizado por Os Charangos de Neda.

Exposición:
Do 14 ao 21 de febreiro, na sala de exposicións da Biblioteca Municipal, poderase visitar Traxes do Entroido de Viveiro.

Días
H
Min
Seg