FESTAS DE SANTA BÁRBARA EN VIEIRO

Festas de Santa Bárbara en Vieiro – 6 de decembro de 2025

A Comunidade de Montes de Vieiro convítao/a a participar nas tradicionais Festas de Santa Bárbara, que se celebrarán o sábado 6 de decembro de 2025, cunha programación pensada para toda a familia.

As actividades darán comezo ás 12:00 horas coa misa solemne e procesión. Ás 14:00 horas poderá desfrutar dunha sesión vermú acompañada polo grupo Dúo Dilema. Ás 15:00 horas terá lugar o xantar popular, cun menú composto por sopa de cocido, costela cocida, xamón cocido, chourizo roxo, garavanzos, verduras e pataca cocida, acompañado de sobremesa, café e chupito. O prezo do xantar é de 33 €, con tarifas especiais para comuneros e convivintes (16,50 €) e nenos de 5 a 12 anos (15 €), sendo gratuíto para menores de 5 anos. É imprescindible anotarse antes do 3 de decembro, contactando coa directiva da Comunidade ou chamando ao 669 302 211.

Ao remate da comida, a celebración continuará cun baile de tarde coa actuación do Dúo Dilema e a música de Disco Móbil Olympo. Ás 21:00 horas ofreceranse pinchos gratuítos para os asistentes e a festa concluirá coa sesión de Disco Móbil Olympo.

A Comunidade de Montes de Vieiro organiza este evento coa colaboración do Concello de Viveiro, mantendo a tradición e fomentando a participación veciñal neste día festivo tan especial.

Días
H
Min
Seg