A banda de música O Landro presenta a temporada 2026 de «Camiños sonoros»

O programa inclúe concertos e actividades ao longo do ano, con citas vencelladas á Semana Santa, Corpus, festas patronais e Nadal.

Viveiro, 25 de febreiro de 2025. A banda de música O Landro, de Viveiro, presentou a temporada 2026 de actividades, que, baixo o título «Camiños sonoros», ofrece unha programación que recolle actuacións e propostas formativas entre marzo e decembro.

A temporada comezará en marzo co concerto «ÉXODO», enmarcado no Programa de Difusión Cultural «ADRAL». En abril, a banda participará nos actos da Semana Santa de Viveiro. Entre maio e xuño está previsto un ciclo de concertos «Matinais no Templete», ademais do acompañamento do Corpus Christi. Xa en xullo, o programa inclúe obradoiros de construción de instrumentos musicais con material de reciclaxe.

No mes de agosto levarase a cabo un concerto na Praza Maior, no marco das festas patronais. En novembro celebrarase o concerto de Santa Icía «Os Soños na Gaiola», concibido para banda, percusión Orff e coros infantís. A temporadaada pecharase en decembro co concerto de Nadal «Ao estilo Vienés».

O Concello de Viveiro sinala que as datas, horarios e localizacións concretas de cada actividade se irán comunicando a medida que se vaian confirmando.