Viveiro, 3 de xullo de 2025. Con motivo da celebración do Mercado Renacentista, o servizo de recollida de lixo no casco histórico sufrirá modificacións a partir do xoves 3 de xullo.
Debido á instalación dos postos, non será posible realizar o sistema habitual de «quita e pon», polo que se instalarán contedores fixos nos puntos indicados no plano elaborado para tal fin. Ademais, colocaranse contedores de reforzo nas seguintes localizacións:
- Praza Maior.
- Rúa Irmáns Vilar Ponte.
- Rúa Fernández Victorio.
O Concello agradece a colaboración da veciñanza e do sector hostaleiro no uso responsable dos contedores, recollida de residuos xerados nos espazos cedidos, así como que estes espazos sexan mantidos en condicións axeitadas.