SEAGA colocará 56 trampas este ano para cazar velutinas.
6 de maio de 2025. O Concello de Viveiro reforza o seu compromiso na loita contra a avespa asiática (velutina)!
Renovamos o convenio coa Xunta e a FEGAMP para seguir vixiando e actuando fronte a esta especie invasora.
Este ano, SEAGA colocará 56 trampas no noso municipio.
En 2023 recibíronse 202 avisos e en 2024 foron 81.
Ademais, o Concello conta cun contrato cunha empresa especializada para a retirada e eliminación de niños.