Viveiro, 1 de decembro de 2025. O Concello de Viveiro celebrará o pleno ordinario do mes de decembro o mércores 3, ás 19.30 horas, no Salón de Sesións da Casa Consistorial. A sesión comezará coa aprobación da acta correspondente ao pleno ordinario do 5 de novembro. Despois trataranse dous asuntos incluídos na parte declarativa da orde do día, ambos en forma de mocións dos grupos municipais.
A primeira moción, presentada polo Grupo Municipal do PSOE, propón mellorar o sistema de xestión das subvencións nominativas nos orzamentos municipais de 2026. A segunda moción, rexistrada polo Grupo Municipal do BNG, aborda a mellora da rede de abastecemento de Landrove e a modernización da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).
A orde do día completarase coa parte de control á Alcaldía, que inclúe a dación de conta das resolucións ditadas desde o último pleno ordinario e o apartado de rogos e preguntas por parte dos membros da Corporación.