O Pleno ordinario do Concello de Viveiro celebrarase o mércores 4 de marzo

A sesión celebrarase ás 19.30 horas na Casa Consistorial.

Viveiro, 2 de marzo de 2025. O Concello de Viveiro celebrará o Pleno ordinario o mércores 4 de marzo, ás 19.30 horas. Terá lugar no Salón de Sesións da Casa Consistorial. No caso de non existir quórum na primeira convocatoria, a sesión terá lugar dous días despois á mesma hora.

Na orde do día inclúense, na parte resolutiva, a aprobación da acta da sesión do 4 de febreiro, varios expedientes de cambio de titularidade ou renovación de concesións do cemiterio municipal, a proposta de adhesión ao convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor de residuos de envases domésticos de vidro dun só uso.

Tamén figuran dúas propostas relativas ao inventario municipal de bens: a inclusión dun camiño en Chavín e a rectificación do inventario para o inicio do expediente de cesión da Casa dos Mestres a favor do IGVS; así como dous recoñecementos extraxudiciais de crédito.

No Pleno debaterase unha moción do Grupo Municipal do BNG para a elaboración e implantación dun plan de mantemento e mellora urbana de Viveiro. Na parte de control, darase conta das resolucións da Alcaldía e da liquidación do Orzamento 2025.

A documentación sobre os asuntos incluídos na orde do día está á disposición dos membros da Corporación na Secretaría Municipal e no expediente electrónico correspondente.

Ségueo a través da nosa canle de youtube aquí.