O pleno ordinario do Concello de Viveiro celebrarase o mércores 8 de abril

A sesión celebrarase ás 19.30 horas na Casa Consistorial.

Viveiro, 7 de abril de 2026. O pleno ordinario de abril do Concello de Viveiro celebrarase o mércores 8, ás 19.30 horas, no Salón de Sesións da Casa Consistorial. Na orde do día figuran asuntos de relevancia para a xestión municipal, como a proposta de Alcaldía para formalizar a prórroga do contrato do servizo de limpeza viaria, recollida e transporte de residuos e xestión do punto.

A sesión abordará tamén a proposta de modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos municipais asociados á celebración de matrimonios civís no Pazo da Misericordia, así como o cambio de sección electoral na avenida Benito Galcerán. Xunto a estes asuntos, trataranse varios expedientes de investigación viaria e de camiños, así como expedientes de cambio de titularidade ou renovacións de concesións no cemiterio municipal.

Na parte declarativa incluirase unha moción do Grupo Municipal para garantir a retribución dos grupos musicais locais nas festas municipais. E na parte de control, darase conta das resolucións da Alcaldía, tomarase en consideración a renuncia presentada polo concelleiro Juan Ramón Martínez Castro e abrirase a quenda de rogos e preguntas.

A documentación correspondente aos asuntos incluídos na orde do día atópase á disposición dos membros da corporación na Secretaría Municipal e nos expedientes administrativos habilitados para a sesión.

Ségueo a través da nosa canle de youtube aquí.