Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Viveiro e Bring The Noise desde hai anos, non podía faltar na edición do Resurrection Fest 2026, que será a máis grande ata a data.
As persoas interesadas poderán adquirir estes abonos do Resurrection Fest Estrella Galicia a partir do próximo día 2 de decembro entre as 11:00 e as 14:00, e todos os venres, de 9:00 a 11:00 e de 12:00 a 14:00, no Departamento de Xuventude do Concello de Viveiro situado na Praza Maior.
A continuación resumimos os pasos que deberás seguir para adquirir estes abonos:
PASOS PARA MERCAR O TEU ABONO:
1 – Escanea o código QR que atoparás na oficina de Xuventude situada no Concello.
2 – Ese código QR levarate a un formulario. Cúbreo introducindo os teus datos persoais (nome, apelidos, DNI, correo electrónico…) e preme en ENVIAR.
3 – Nese mesmo momento, na oficina dos Claustros de San Francisco comprobarán o formulario, o teu DNI e que o teu nome figure no censo de Viveiro.
4 – Unha vez comprobado isto, poderás realizar o pago do teu abono normal ou do teu abono Pandemonium. O pago debe realizarse unicamente mediante tarxeta de crédito/débito.
5 – Unha vez feito o pago, a persoa encargada da venda porá o teu nome e DNI na entrada e entregaracha no mesmo momento da compra.
Nota: Lembramos que os abonos son persoais e intransferibles e só poderán ser usados polas persoas que figuren no censo. Non se poderán ceder a terceiras persoas. Só se permite a compra dun abono por persoa.