Viveiro, 4 de marzo de 2025. O Concello de Viveiro desenvolverá os días 7 e 13 de marzo unha programación especial con motivo do Día Internacional da Muller. Proporá varias actividades orientadas á visibilización da historia das mulleres, á convivencia e á reflexión arredor da igualdade.
A programación comezará o sábado 7 de marzo ás 12.00 horas, na Sala Multiusos do Concello, coa presentación da nova edición do «Roteiro en feminino» e coa lectura do manifesto do 8M.
A continuación, terá lugar a actividade «Ruta en feminino», un percorrido polas rúas de Viveiro para poñer en valor a historia das mulleres da vila. A ruta contará co acompañamento de Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, e desenvolverase en colaboración coa Asociación Mulleres en Igualdade Viveiro e con Antonio Lage Seara.
A xornada do 7 de marzo completarase cunha comida de confraternidade, prevista para as 14.30 horas no Restaurante Louzao.
A programación continuará o venres 13, ás 20.00 horas, coa mesa redonda «LIDERA+», centrada en boas prácticas, muller, emprego e inclusión. Terá lugar na Sala Multiusos do Concello con entrada será libre ata completar aforo. Esta actividade está organizada por BUMEI Galicia en colaboración co Concello de Viveiro.