POLÍTICA DE PRIVACIDADE

1. Responsable do tratamento

De acordo co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase que os datos persoais que poidan recollerse directamente desde o sitio web serán tratados de forma confidencial polo:

  • Responsable: Concello de Viveiro
  • CIF: P2706700H
  • Domicilio: Praza Maior 1, 27850, Viveiro (Lugo)
  • Correo electrónico: concello@viveiro.gal
  • Delegado de Protección de Datos: SEGURdades SL
  • Datos de contacto: dpd@viveiro.gal

2. Finalidade do tratamento

En xeral, este sitio web non recolle datos persoais das persoas usuarias. Non obstante, no caso de que se habiliten formularios de contacto, solicitudes ou subscricións, os datos serán tratados coa finalidade específica que se indique en cada formulario, como por exemplo:

  • Xestionar consultas ou solicitudes formuladas a través do sitio web.

  • Realizar comunicacións institucionais relacionadas cos servizos municipais.

  • Xestionar o acceso a procedementos administrativos electrónicos.

Non se utilizarán os datos para finalidades distintas ás indicadas, sen o consentimento previo das persoas interesadas.

3. Lexitimación

A base legal para o tratamento dos datos será o consentimento da persoa interesada, a execución dunha misión de interese público ou o cumprimento dunha obrigación legal, segundo corresponda en cada caso.

4. Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recolleron ou durante os prazos establecidos legalmente.

5. Comunicación de datos

Os datos non serán comunicados a terceiros, agás nos casos legalmente previstos ou cando sexa necesario para a prestación dun servizo público, e sempre baixo as garantías adecuadas.

6. Dereitos das persoas interesadas

As persoas interesadas teñen dereito a:

  • Acceder aos seus datos persoais.

  • Solicitar a rectificación dos datos inexactos.

  • Solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios.

  • Solicitar a limitación do tratamento.

  • Opoñerse ao tratamento dos seus datos.

  • Solicitar a portabilidade dos seus datos.

Poderán exercerse estes dereitos mediante solicitude escrita dirixida ao Concello de Viveiro, ou a través do correo electrónico concello@viveiro.gal, identificándose debidamente.

Tamén se poderá presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera que non se atenderon correctamente os seus dereitos.

7. Medidas de seguridade

O Concello de Viveiro aplica as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos persoais e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, conforme ao disposto na normativa vixente.