INSTANCIAS XERAIS
A Instancia Xeral é o documento mediante o cal a cidadanía pode presentar solicitudes, comunicacións ou escritos dirixidos ao Concello de Viveiro cando non exista un formulario específico para o trámite que se desexe realizar.
A través deste modelo pódense iniciar xestións administrativas, achegar documentación ou formular peticións ante os distintos servizos municipais. Recoméndase cubrir todos os datos solicitados e describir de forma clara o motivo da solicitude para facilitar a súa correcta tramitación.
Unha vez cumprimentada, a instancia poderá presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica, acompañada da documentación necesaria en cada caso.