Concello de Viveiro

Concello

O Concello de Viveiro permanecerá pechado o venres 22 de maio pola celebración de Santa Rita

A biblioteca municipal manterá o seu horario habitual e o rexistro de documentos poderá realizarse noutras dependencias administrativas ou por vía electrónica.

Viveiro, 20 de maio de 2026. O Concello de Viveiro permanecerá pechado o venres 22 de maio con motivo da celebración de Santa Rita, patroa dos traballadores e traballadoras da Administración local.

As persoas interesadas en rexistrar documentos para esta ou para calquera outra administración poderán dirixirse á Delegación de Pesca, situada na avenida Gerardo Harguindey Banet, en Celeiro, ou utilizar calquera outro rexistro administrativo habilitado, así como a sede electrónica.

A biblioteca municipal permanecerá aberta no seu horario habitual.