- O prazo para presentar o formulario para a celebración de comidas e ceas na rúa continúa aberto ata o 28 de xuño.
Viveiro, 19 de xuño de 2026. O Concello de Viveiro informa de que xa se esgotou o material municipal dispoñible para préstamo con motivo das comidas e ceas na rúa da Feira Renacentista, que se celebrará o vindeiro 11 de xullo. A elevada demanda completou a dispoñibilidade de taboleiros, cabaletes e cadeiras. Porén, o esgotamento do material non exime da presentación da solicitude para a celebración de comidas ou ceas na vía pública.
O Concello lembra que deben presentar o formulario tanto os particulares como os establecementos de hostalería, aínda que non soliciten préstamo de material. Esta obriga afecta tamén aos locais que vaian ofrecer comidas nos espazos xa habilitados como terrazas.
O prazo para presentar as solicitudes continúa aberto ata o 28 de xuño. Os formularios están dispoñibles no Rexistro municipal e na páxina web do Concello de Viveiro.