Viveiro, 22 de xuño de 2026. O Concello de Viveiro modificará de xeito temporal a localización de dous contedores con motivo da celebración das Festas de Covas. O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos.
O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración.
Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.