Concello de Viveiro

Medio Ambiente

A Consellería de Medio Rural instalará trampas en Viveiro para o control do picudo vermello

O Concello solicita a colaboración da veciñanza para non manipular nin retirar os dispositivos de seguimento da praga.

Viveiro, 6 de xullo de 2026. A Consellería do Medio Rural instalará nos vindeiros días trampas para o seguimento e control do picudo vermello en varios puntos de Viveiro. A actuación forma parte da campaña de vixilancia desta praga, que afecta gravemente ás palmeiras. As trampas, dotadas de feromonas específicas, permiten detectar a presenza de exemplares e contribuír ao control da súa poboación.

Estes dispositivos non supoñen ningún risco para as persoas, as mascotas nin o resto da fauna. Por este motivo, o Concello de Viveiro solicita a colaboración da cidadanía para non manipulalos nin retiralos, xa que resultan necesarios para o correcto desenvolvemento da campaña.

O Concello de Viveiro agradece a colaboración veciñal e o traballo que desenvolve a Consellería do Medio Rural para a protección do patrimonio vexetal do municipio.