Concello de Viveiro

Concello

O Concello de Viveiro instalará unha pantalla xigante para seguir o España-Francia

A semifinal do Mundial poderá seguirse mañá ás 21.00 horas na Praza Maior.

Viveiro, 13 de xullo de 2026. O Concello de Viveiro instalará mañá unha pantalla xigante na Praza Maior para que os afeccionados que así o desexen poidan seguir en directo a semifinal do Mundial entre as seleccións de España e Francia. O partido comezará ás nove da noite.