Concello de Viveiro

Concello

As Festas de San Roque celebraranse en Viveiro do 14 ao 18 de agosto

O programación inclúe as actuacións de David Civera, Niños Bravos e Alana, ademais de orquestras, grupos, unha sardiñada popular e o Día da Cativada.

Viveiro, 16 de xullo de 2026. Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, participou esta tarde na presentación das Festas de San Roque 2026, que se celebrarán entre o venres 14 e o martes 18 de agosto. O acto serviu para dar a coñecer o cartel musical e as principais actividades previstas durante as cinco xornadas das que constará a iniciativa.

A programación comezará o venres 14 de agosto coas actuacións da orquestra Suavecito, Alana e Lina e Lola. O sábado 15 subirán ao escenario o grupo Vivarium, Los Coleguitas e David Civera.

As celebracións continuarán o domingo 16 de agosto coa orquestra Fuego e Niños Bravos. O luns 17 terá lugar a sardiñada popular, mentres que o martes 18 estará dedicado ao público infantil coa celebración do Día da Cativada.