As Festas de San Roque 2026 en Viveiro reúnen tradición, música e actividades para todos os públicos. Consulta nesta páxina o programa das Festas de San Roque, coas principais actividades, concertos e propostas previstas para celebrar estas festas en Viveiro.
📅 Venres, 14 de agosto – Pregón das Festas
12:00 h – Izado de bandeiras e pregón das festas no balcón da Biblioteca Municipal, coa participación das autoridades, das Madriñas do Deporte, do “Lando” e da Banda Tau. Pregoeira: Mari Carmen “Chipe”, San Roqueira 2026.
12:30 h – Pasarrúas con xigantes e cabezudos, acompañados de Bágoas da Terra.
14:00 h – Sesión vermú coa Orquestra Suavecito nos Xardíns Noriega Varela.
19:00 h – Animación musical coa charanga Os Suasenes, polas rúas da vila.
19:30 h – Presentación do libro Escultura Castro Vello Mariñeiros, de Francisco Leiro, na Sala Multiusos. Organiza a Asociación Boga Mariñeiro.
21:00 h – IX Festival de Música Coral na Praza Maior, coa participación da Coral Polifónica Alborada de Viveiro.
22:30 h – Gran verbena coa Orquestra Suavecito nos Xardíns Noriega Varela.
00:00 h – Concerto de Alana na Praza Maior.
01:30 h – Concerto de Lina e Lola na Praza Maior.
01:30 h – Continúa a verbena coa Orquestra Suavecito nos Xardíns Noriega Varela.
📅 Sábado, 15 de agosto – Nosa Señora
11:00 h – Misa e procesión na Igrexa de Santa María.
12:30 h – Pasarrúas con xigantes e cabezudos acompañados de Bágoas da Terra.
13:00 h – Concerto curto da Banda de Música nos Xardíns Noriega Varela.
14:00 h – Sesión vermú co grupo Variom nos Xardíns Noriega Varela.
17:00 h – Exhibición do Club de Ximnasia Viveiro na Praza Maior.
22:00 h – Verbena co grupo Los Coleguitas nos Xardíns Noriega Varela.
00:00 h – Canto popular da canción “Catro vellos mariñeiros” na Praza Maior, promovido pola Asociación Boga Mariñeiro.
00:15 h – Concerto de David Civera na Praza Maior.
01:30 h – Continúa a verbena co grupo Los Coleguitas nos Xardíns Noriega Varela.
📅 Domingo, 16 de agosto – San Roque
09:00 h – Tradicional romaría de subida ao Monte San Roque.
11:00 h – Misa e procesión na Capela de Monte San Roque.
14:00 h – Sesión vermú coa Orquestra Fuego nos Xardíns Noriega Varela.
19:00 h – Pasarrúas coa Batukada Tambukada polas rúas da vila.
21:00 h – Espectáculo de maxia e mentalismo con Ariel Hamui na Praza Maior.
22:30 h – Gran verbena coa Orquestra Fuego nos Xardíns Noriega Varela.
00:00 h – Espectáculo pirotécnico na Ría de Viveiro.
00:15 h – Concerto de Niños Bravos na Praza Maior.
01:30 h – Continúa a verbena coa Orquestra Fuego nos Xardíns Noriega Varela.
📅 Luns, 17 de agosto – Sardiñada Popular
Xira a Portochao
12:00 h – Andaina ata Portochao.
14:00 h – Sesión vermú amenizada por gaiteiros e tamboril.
14:30 h – Xantar popular.
16:00 h – Xogos tradicionais para desfrutar en familia.
20:00 h – Gran Sardiñada Popular co grupo Amigos do Folk, no Souto das Nogueiras.
Durante toda a xornada – Atraccións a prezos populares.
📅 Martes, 18 de agosto – Día da Cativada e clausura
17:00 h – Inchables e xogos con DiverNeno nos Xardíns Noriega Varela.
17:00 a 19:00 h – Hora sen música para facilitar o acceso aos nenos e nenas con diversidade funcional.
20:30 h – XIII Festival Bal y Gay: La Ritirata, dirixida por Josetxu Obregón, no Teatro Pastor Díaz.
20:30 h – Representación teatral “El caso de la mujer asesinadita”, a cargo do grupo Andanzas, no Teatro Pastor Díaz.
22:00 h – Concerto de Os Incendios, celebrando o seu 20º aniversario, no Estadio Municipal de Cantarrana “Kiko Rey”.
23:59 h – Concerto de Aaron D. by Olympomovil no Estadio Municipal de Cantarrana “Kiko Rey”.
Información de interese
🎡 Recinto feiral no peirao: do 11 ao 17 de agosto.
🔇 Atraccións sen música: todos os días de 18:00 a 19:00 horas, favorecendo a inclusión das persoas con diversidade funcional.
O Concello de Viveiro anima a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a participar nas Festas Patronais 2026 e a gozar dunha programación pensada para todas as idades, combinando tradición, cultura e grandes espectáculos musicais.