Concello de Viveiro

Concello

O Concello de Viveiro informa do lanzamento de bombas de palenque con motivo da Novena de San Roque

As detonacións realizaranse do 1 ao 9 de agosto ás 8:00 horas.
Praza Maior

Viveiro, 30 de xullo de 2026. O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que, do 1 ao 9 de agosto, ambos incluídos, ás 8:00 horas, realizarase o lanzamento de bombas de palenque con motivo da celebración da Novena de San Roque.

O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas.

O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.