Viveiro, 6 de agosto de 2026. O Concello de Viveiro informa de que, con motivo do lanzamento dos fogos artificiais das Festas Patronais, previsto para o domingo 16 de agosto, será necesario retirar temporalmente as embarcacións fondeadas na zona situada fronte aos colexios, no paseo marítimo.
Esta medida resulta imprescindible para garantir as condicións de seguridade durante o desenvolvemento do espectáculo pirotécnico, polo que se solicita a colaboración das persoas propietarias das embarcacións para que procedan á súa retirada antes da celebración do evento.
Desde o Concello agradécese de antemán a comprensión e colaboración da cidadanía, lembrando que esta actuación se leva a cabo cada ano co obxectivo de asegurar o correcto desenvolvemento dun dos actos máis destacados das Festas Patronais de San Roque.
Para calquera aclaración ou información adicional, as persoas interesadas poden poñerse en contacto cos servizos municipais.