Viveiro, 24 de agosto de 2026. Conscientes da importancia de preservar o medio ambiente e garantir unha recollida eficiente dos residuos, o Concello habilitou catro puntos específicos para o depósito dos enseres na contorna da romaría.
Pídese ás persoas participantes que depositen os enseres exclusivamente nestes catro puntos habilitados, evitando deixalos noutros lugares da contorna. Esta medida busca facilitar os labores de recollida, tendo en conta a dificultade de acceso dos camións a determinadas zonas, especialmente en condicións meteorolóxicas adversas, que poden provocar o debilitamento do terreo.
Desde o Concello, lémbranse tamén os servizos municipais dispoñibles para facilitar a correcta eliminación de residuos:
Horario do Punto Limpo (Patarroa – Escourido):
- Luns, mércores e venres: 08:00 – 14:00
- Martes e xoves: 09:00 – 13:00 e 15:00 – 19:00
- Sábados: 10:00 – 13:00 (excepto o 4º sábado de cada mes)
Servizo de recollida de enseres a domicilio (gratuíto):
Para mobles, electrodomésticos, cables, restos de poda, etc. A solicitude debe realizarse no teléfono 697 162 637.
Os días de recollida son os mércores e venres, do 1 de xullo ao 15 de setembro, así como en Nadal, Entroido e Semana Santa. O resto do ano, o servizo préstase os mércores.
O Concello agradece a colaboración de toda a veciñanza e das persoas asistentes ao Naseiro e lembra que o compromiso colectivo é fundamental para manter a contorna limpa e facilitar os traballos de recollida tras a celebración.