7ª Carreira de Cabalos de Viveiro, os días 12 e 13 de setembro
A cidade de Viveiro acollerá os días 12 e 13 de setembro de 2026 a 7ª edición das Carreiras de Cabalos, unha cita deportiva e de ocio que terá lugar no Campo de Fútbol de Celeiro.
O recinto abrirá as súas portas o sábado 12 de setembro a partir das 09:00 horas.
📅 Programa
Sábado 12 de setembro
- 11:00 h: Comezo da federada, con final do Campionato Galego Individual ás 14:00 h.
- 16:00 h: Comezo da final do Campionato Galego por equipos.
- 20:00 h: Entrega de premios.
Domingo 13 de setembro
- 09:00 h: Apertura do recinto.
- 09:00 – 10:30 h: Medicións.
- 10:30 h: Comezo das mangas clasificatorias:
- Chapeada de menos
- Serrada de menos
- Chapeada de máis
- Serrada de máis
- 14:30 h: Descanso para xantar.
- 16:00 h: Comezo das carreiras das catro modalidades de andadura, cuartos de final e semifinais.
- 18:00 h: Sub 16.
- 18:30 h: Galope PRG.
- 19:00 h: Finais das catro modalidades de andadura.
- 20:00 h: Entrega de premios.
🏆 Premios
A competición contará con premios nas diferentes modalidades de andadura libre serrada e chapeada, tanto para menos de 1,51 m como para máis de 1,51 m, ademais da categoría de Pura Raza Galega.
Na categoría Sub 16, haberá medalla para todos os participantes.
ℹ️ Información e inscricións
A inscrición realizarase sobre a plantilla 2026, que será subida á páxina de Facebook da organización. O prazo límite de inscrición é o 9 de setembro de 2026.
A organización lembra a obrigatoriedade do uso do casco e a necesidade de contar co seguro e coa documentación correspondente.
Para máis información: