Viveiro, 24 de setembro de 2026. O Concello de Viveiro, a través do seu Departamento de Inmigración, está a desenvolver un curso de Esforzo de Integración no que participan cinco persoas. A formación consta de 40 horas e impártese na aula do departamento, en horario de 09:30 a 12:30 horas.
O curso ten como finalidade facilitar a integración efectiva das persoas migrantes na vida social, económica e cultural galega. Ademais, é válido para solicitar o informe de esforzo de integración emitido pola Xunta de Galicia, que se ten en conta nos procedementos de renovación das autorizacións de residencia.
Esta actuación formativa enmárcase nas subvencións a entidades locais para programas de inclusión social correspondentes ao período 2025-2027, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Programa Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Galicia 2021-2027.
