Concello de Viveiro

Concello

Viveiro informa do inicio dos traballos de asfaltado na zona de Cantarrana este martes

O Concello solicita á veciñanza que retire os vehículos estacionados na zona antes do inicio dos traballos, previsto para a tarde do 20 de outubro.

Viveiro, 19 de outubro de 2026. O Concello de Viveiro informa de que mañá, martes 20 de outubro, pola tarde, está previsto o inicio dos traballos de fresado e aglomerado na zona de Cantarrana, que afectarán ás rúas Otero Pedrayo, Pascual Veiga, Castelao, Alexandre Bóveda, Cantarrana e Celso Emilio Ferreiro.

Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente.

Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución.

O Concello agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.